Etiquetas

18 marzo 2024

Retos de pesas

Clicando na imaxe tedes unha APP con retos alxebraicos con pesadas. Trátase de calcular o valor das pesas verde, azul e vermella. Un traballo moi bonito que combina cálculo e  lóxica, o que ven sendo a ÁLXEBRA, vaia.

Ánimo e a desfrutar calculando !!!

Imaxe: http://www.educaplus.org




Espectaculares vídeos de Cristobal Vila. Mates por todas partes !!!

Déixovos nesta entrada os enlaces a tres videos relacionados coas mates. Algún deles xa o vimos en clase, pero igual vos apetece volver a velos na casa, sos ou acompañados. Espero que desfrutedes mirándoas tanto como eu.
O creador é Cristobal Vila, un aragonés que é un crack en produción de animacións, tanto pola espectacularidade visual como pola profundidade matemática. Por certo, que a música é marabillosa, para seguir escoitando un bo rato despois de ver o vídeo.



   




11 marzo 2024

Curiosidades do Número Pi. Como se calcula

Neste vídeo contan tres formas de calcular o número Pi con diferentes precisións de decimais. Como sabedes, o número Pi está moi relacionado coa xeometría da circunferencia e do círculo.
Esta semana, en concreto o día 14, celébrase o Día Internacional de Pi e das Matemáticas. Por que será?



Curiosidades do Número Pi. Arquímedes

O día 14 de marzo celébrase o Día internacional de Pi e das matemáticas, un dos números irracionais máis populares. O obxectivo deste día é darlle visibilidade ás matemáticas en xeral. A elección desta data concreta débese á forma de escribila en inglés 3.14, que é precisamente o valor de "pi" redondeado ás centésimas.
Neste vídeo tedes algunha curiosidade de tan ilustre número.



04 marzo 2024

Transportador de ángulos caseiro

Estes días estivemos traballando os ángulos no obradoiro do circula.

Nesta entrada do blog de "Aulas Galegas" temos unha proposta para traballar os ángulos de forma divertida e case máxica que nos propón Yolanda Neira no seguinte vídeo. Porque as matemáticas tamén poden ser misteriosas… 

Clic na imaxe

Imaxe poliedro estrelado: http://www.sacred-geometry.es/?q=es/content/estelaciones



RETO: O número do día

Déixovos aquí un par de exemplos da proposta que vos fixen en clase sobre o número do día. Como curiosidade asociada a cada número podedes buscar pola casa algún obxecto que mida (en cm, mm, m ou pulgadas) o mesmo que o número do día. Tamén podedes buscar algo que pese o mesmo. Ademais, como xa sabedes facelo, podedes escribir o número en binario (no caso do número oito sería: 1000)

Os exemplos que vos deixo aquí foron feitos por unha nena de sexto dun curso anterior.

Ánimo, espero ver as vosas obras de arte !!







Estimar ángulos

Estes días estivemos traballando no "circula" con ángulos. Nesta entrada déixovos unha aplicación, creada por un mestre marabilloso chamado Antonio Sánchez, e que serve para facer estimacións de medidas de ángulos xogando e pasando un bo rato. Cun toque (ou clic) comeza a abrirse o ángulo e con outro toque para. Tes que intentar que se deteña na medida exacta. Tes unha marxe de erro de 10º. Hai dous intentos. Tamén podedes empregalo os de quinto.


A desfrutar !!!