Etiquetas

24 febrero 2025

Damos un paseo por Vigo


Neste vídeo podemos desfrutar da cidade desde arriba, como se fose unha maqueta a escala, dándolle un aspecto de mini-mundo de xoguete. Porque as mates sempre van da man da Arte.
O vídeo é do tema "El Tiempo Futuro" do grupo "Eladio y los Seres Queridos".

Vémonos nese "tempo futuro" máis cedo que tarde... Ánimo e forza !!!



Rétovos a que identifiquedes o maior número posible de ubicacións de Vigo que saen no vídeo. Por certo, moitos lugares xa están cambiados desde que se rodou o vídeo, por exemplo, o estadio Balaídos. Podedes atopar outros?


17 febrero 2025

Unha de fractais

Neste video podedes apreciar a "estrutura de Mandelbrot". Trátase dun fractal creado por este matemático francés que foi o primeiro en tratar o tema en profundidad e abríu un inmenso campo de estudo nas matemáticas. Ollo, non vos quededes durmidos mirando o vídeo, imnotiza.


Pode dicirse (segundo un dos seus fundadores) que os fractais foron a semente da Pixar, a xigantesca productora de cine de animación.



10 febrero 2025

Matemática visual. Inspiration

Déixovos nesta entrada o enlace a outro vídeo de Cristobal Vila que, como xa sabedes, ten unha colección deles moi ligados ás matemáticas. Neste, pode ser unha tolemia a de conceptos matemáticos que aparecen. Daría para estar falando un día enteiro. Se o volvedes a ver en 4º ESO seguro que lle sacades aínda moito máis partido. Espero que vos guste.