Etiquetas

28 abril 2025

Outros números

Como algúns de vós estades facendo o traballo de "o número do día", déixovos aquí o código morse  para números e letras. É un código de uso internacional e pode levarse a cabo con sinais luminosas, sonoras ou escritas. Espero que vos sexa de utilidade.


Para quen queira saber un pouquiño máis sobre este código de comunicación tan internacional, aquí tedes un enlace onde hai unha breve explicación.


Tamén vos deixo a codificación das letras e números en Braille, que como sabedes, é empregado por persoas con discapacidade visual. Tedes un exemplo en case todos os ascensores, nalgúns museos e nas caixas de moitos medicamentos.





Fraccións exipcias

Nestra entrada da canle Derivando, de Eduardo Saenz de Cabezón, fala sobre as fraccións exipcias e outras curiosidades matemáticas desta mítica civilización.

NOTA: Os primeiros 4 minutos do vídeo están ben para vós, a partir de aí, complícase un pouco e pode soar un pouco a "chinés", pero se alguén ten curiosidade...



21 abril 2025

A Megaproba final das Palabrotas !!!

Nesta entrada deixo un enlace a unha páxina onde hai infinidade de preguntas para poñer a proba o voso dominio das PALABROTAS e outras habilidades matemáticas. Toca todos os temas: aritmética, xeometría, álxebra, números...

Algunhas temáticas e preguntas son máis ben para a ESO, pero seguro que sodes quen de resolver a maioría. E se non é así, a repasar e intentalo de novo, seguro que aprendedes un montón.

Ánimo !!!


Clic na imaxe

Imaxe: https://www.freepik.es



Motivacional. As matemáticas en todas partes

 





14 abril 2025

Relacións entre ángulos

Aquí vos deixo un resumo das relacións entre ángulos.



APP de sumas con decimais

Esta APP permite particar as sumas de números decimais xogando. Pode xogarse con ou sen cronómetro.

A divertirse collendo axilidade no cálculo mental !!


Facede click na imaxe de abaixo



Adicctos á tecnoloxía

Déixovos nesta entrada un vídeo que supoño xa coñecedes pero que non me canso de mirar porque invita á reflexión sobre o mundo no que vivimos e cara a onde queremos ir.

Sen máis comentarios, aí vai.



07 abril 2025

RETOS: Ángulos I

Nesta entrada propóñovos un par de RETOS  nos que tedes que averiguar o valor duns ángulos.

Para poder resolver os enigmas tedes que ter claros conceptos da trigonometría como: ángulos complementarios, suplementarios, opostos polo vértice, ángulos adxacentes, suma dos ángulos internos dun tríángulo... Pero ollo, a intuición tamén fai moito !!

Ánimo e a por eles !!!

Reto 1




Reto 2


Mates e Física: Ángulos e reflexión

Estes días en mates estivemos traballando con ángulos e falamos da relación tan íntima entre as matemáticas e a física. Como vos digo sempre, a física explícanos como funciona o mundo e a natureza, máis alá incluso dos límites do noso planeta, e as matemáticas son unha das ferramentas que usa a física para explicalo.

Este vídeo fala sobre a reflexión, unha propiedade física onde os ángulos xogan un papel protagonista. Espero que vos guste.



Reto dos ángulos

Como estivemos traballando ángulos estes días, déixovos aquí un par de retos:

A: Cántos ángulos obtusos podedes atopar nesta figura?

B: Cantós ángulos maiores de 90º podedes atopar? (Fixádevos ben e sede meticulosos)

Podedes debater entre vós cal é a diferenza entre as dúas preguntas.



02 abril 2025

Clasificación de ángulos. Cóncavos e convexos. Geogebra

Nesta entrada podedes experimentar con ángulos dun xeito manipulativo virtual para afondar na clasificación en función da súa medida.

  • Ángulo nulo
  • Ángulos Convexos: agulo, recto e obtuso
  • Ángulo chairo
  • Ángulos cóncavos
  • Ángulo completo


Facede clic na imaxe para abrir o simulador





Clasificación de ángulos. Geogebra

Outro simulador en Geogebra para practicar e visualizar a clasificación de ángulos.


Facede clic na imaxe



01 abril 2025

Transportador de ángulos caseiro

Estes días estivemos traballando os ángulos.

Nesta entrada do blog de "Aulas Galegas" temos unha proposta para traballar os ángulos de forma divertida e case máxica que nos propón Yolanda Neira no seguinte vídeo. Porque as matemáticas tamén poden ser misteriosas… 

Clic na imaxe

Imaxe poliedro estrelado: http://www.sacred-geometry.es/?q=es/content/estelaciones



Uso do transportador de ángulos

Con estas imaxes espero aclarar as dúbidas no uso do transportador de ángulos.