Etiquetas

23 junio 2025

BO VERÁN !!!

Remata un curso máis (que rápido pasou) e agora toca o merecido descanso. Para os que querades repasar un pouquiño as táboas de multiplicar, déixovos nas tres entradas anteriores as APPs das táboas para comezar o próximo curso en forma.

E para TODOS e TODAS:

FELIZ VERÁN !!!!

Vémonos en setembro...



APP Nº3 das táboas

Para os que seguides perfeccionando a memorización das táboas de multiplicar, preséntovos esta páxina onde se emula a Táboa Pitagórica que xa coñecedes en papel.

Facendo clic nas cuadrículas, calculamos o número total de cadradiños que hai ata a esquina superior esquerda (filas x columnas).

Se lle dades ao dado, fai unha multi ao azar.

Se lle dades á "frecha de segiuinte", engade unha fila máis.

A practicar !!!


Clic na imaxe para enlazar




APP Nº4 Táboas de multiplicar con diploma

No enlace que vos deixo nesta entrada podedes practicar as táboas de multiplicar para coller máis velocidade. Ten varios modos de xogo. Podedes practicar ordenadas, desordenadas, unha por unha, todas xuntas e incluso con contrareloxo.

Ata podedes obter un Diploma que acredite que as sabedes !!!

Para memorizar unha das táboas e practicar con ela, hai que facer click no cadro verde. Para facer unha proba contrarreloxo, conseguir o diploma ou incluso facer o reto dos 100 segundos, hai que clicar nun dos cadros máis abaixo. Tamén da a opción de practicar con outros xogos máis abaixo.

Espero que vos sirva e que desfrutedes !!


Facede clic na imaxe para ir ao sitio web



Cancións das táboas

Déixovos nestra entrada un par de vídeos con cancións para practicar a memorización das táboas. Como calquera deporte ou habilidade, canto máis se practique, mellor se dará. E con ritmo, moito mellor.

Ésta é un clásico nas escolas de todo o mundo...


E para os máis rapeiros...



02 junio 2025

Xerarquía (orde) das operacións artméticas

Cando temos que facer varias operacións de cálculo escritas en horizontal e mesturadas hai que seguir unhas prioridades. Poderíamos dicir que hai operacións que teñen máis "categoría" que outras e teñen preferencia á hora de facer os cálculos (non basta con ler de esquerda a dereita). Neste vídeo tedes unha canción, moi molona por certo, para memorizar a xerarquía das operacións, é dicir, para saber que operacións "mandan máis". Xa podedes intuír que a multi manda máis que a suma, por exemplo. Espero que vos guste.