Benvidos e benvidas !!!
O obxectivo deste curso é que todos e todas vaiamos descubrindo, a través das mates, marabillosos segredos escondidos na natureza e na nosa vida cotiá. Eu tamén estou desexoso de aprender moito con vós.
Neste blog irei colgando curiosidades de mates e notas de ampliación ou de reforzo das cousas traballadas en clase para quen queira complementalo na casa.
Como xa vos direi en clase, non hai que mercar ningún material específico para esta materia agás da libreta cuadriculada que xa vos pedín en xuño.
Ánimo e forza !!!
