Depende... (que resposta máis galega).
O que para min é "moito", para outra persoa pode ser "pouco". Sucede o mesmo con "grande" ou "pequeno", depende...
A perspectiva sempre é un factor a ter en conta. Conceptos como grande ou pequeno, longo ou curto, alto ou baixo, son relativos e só teñen sentido cando comparamos un ou máis elementos. Por iso se inventaron as unidades de medida, para falar de valores absolutos, aínda que medir tamén é comparar. Cando medimos estamos comparando o valor dunha magnitude (peso, lonxitude, área...) co valor dun patrón que usamos como unidade.
Neste vídeo vese claramente a idea de que "grande " ou "pequeno" son conceptos relativos.Fixádevos que as medidas están en metros (m) e tamén en pés (ft, do inglés feet).
E como sempre, con música, moito mellor !!
No hay comentarios:
Publicar un comentario