Outro quebracabezas dos que facemos en clase que ten bastante éxito é o dos espellos. Por petición popular, aquí vos queda un lote deles para os que queredes imprimilo e facelo na casa.
As regras están na primeira páxina e, aínda que están en inglés, creo que se entenden. Por se acaso, vos recordo catro cousas:
Resumo das regras:
- Hai que encher o cadro cos personaxes que hai debaixo (pantasmas, vampiros e zombis). O número de personaxes de cada tipo é o que teñen ao seu carón.
- Os números que hai ao redor do cadro indican o número de personaxes mirando desde ese punto.
- Lembrade que podo ver as casillas directamente ou a través dos espellos (liñas diagonais)
- Os pantasmas non se ven directamente pero si reflexados no espello.
- Os vampiros poden verse directamente pero non reflexados
- Os zombis vense sempre, tanto directamente como reflexados.
Facede clic na imaxe para descargar.
A desfrutar, pero coidado !! Engancha moito. É moi ADICTIVO !! 😜