Déixovos aquí un par de exemplos da proposta que vos fixen en clase sobre o número do día. Como curiosidade asociada a cada número podedes buscar pola casa algún obxecto que mida o mesmo que o número do día (en cm, mm, m ou pulgadas). Tamén podedes buscar algo que pese o mesmo. Ademais, como xa sabedes facelo, podedes escribir o número en binario (no caso do número oito sería: 1000)
Os exemplos que vos deixo aquí foron feitos por unha nena de sexto dun curso anterior.
Ánimo, espero ver as vosas obras de arte !!
No hay comentarios:
Publicar un comentario