En sociais traballades as coordenadas xeográficas (paralelos e meridianos) e tamén falamos delas en clase de mates de cando en vez. Noemia tamén vos falou algunha vez de mapamundis e das proxeccións de Marcator e Gall-Peters.
Aquí vos deixo un enlace a un vídeo dunha serie de ficción chamada "Ala oeste da Casa Branca" que fala sobre este tema e que nos pode axudar a reflexionar e replantexarnos algunhas cousas...
"No puede hacer eso, me está volviendo loca..."
Espero que vos guste e vos faga pensar que todo é relativo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario