Etiquetas

30 septiembre 2024

Retos de pesas

Clicando na imaxe tedes unha APP de retos alxebraicos con pesadas. Trátase de calcular o valor das pesas verde, azul e vermella. Un traballo moi bonito que combina cálculo e  lóxica, o que ven sendo a ÁLXEBRA, vaia.

Ánimo e a desfrutar calculando !!!

Fai clic na imaxe, dalle ao botón de "play" e segue as indicacións.
Imaxe: http://www.educaplus.org




Reto alxebraico

Benvidos e benvidas de novo á actividade intelectual matemática. Toca desoxidar e engrasar a maquinaria neuronal e poñer de novo o cerebro a funcionar.
Que mellor forma de facelo que rompendo os cornos cun reto alxebraico.
Ollo, non todo na vida son números enteiros... (de feito, case nunca o son).


Sorteeeeee !!!!!



16 septiembre 2024

APP Nº2 táboas de multiplicar

"Tablas de multiplicar para primaria gratis" é o nome dunha APP que podedes instalar no móbil ou tablet (android) e practicar as táboas de multiplicar. Permite repasalas e despois facer retos coas táboas do 1 ao 10. O seu aspecto é o da imaxe de abaixo.

Só para móbil ou tablet con android (aquí non funciona)


A practicar!!!

Pero lembrade, non é recomendable pasar moito tempo seguido diante dunha pantalla (móbil, tablet, tele, PlayStation, Switch...).


APP Nº1 para practicar as táboas

Esta APP para practicar as táboas de multiplicar é moi cómoda e dinámica.


Clic na imaxe



Cronómetro táboas

Boas, aquí vos deixo uns test como os que facemos en clase para practicar a memorización das táboas de multiplicar. Son para facer con cronómetro. Lembrade COMPROBAR coa CALCULADORA unha vez rematado.

Canto máis practiquedes, máis rápidas e rápidos seredes.

Ánimo !!!

 

  


A historia do número 1

Aquí tedes o enlace ao vídeo en Youtube da "Historia do número 1" que estamos vendo en clase de 5º co que facemos un repaso pola historia das matemáticas e dos sistemas de numeración. Se queredes, podedes velo en familia e explicarlles na casa como foron acontecendo as cousas.






11 septiembre 2024

Música e física

Para darvos a benvida ao curso, déixovos este vídeo bastante espectacular que atopei en youtube dun home, Nigel Stanford, que combina música con física. Como sempre vos digo, as matemáticas son a ferramenta que empregan a física e outras ciencias para intentar explicar o mundo e o universo. As matemáticas son a continua busca de patróns.

Desfrutade do vídeo (e non o intentedes en casa sen supervisión dun adulto 😜).

Mellor, escoitar con cascos.


E agora veñen as preguntas:

Por que se torce o chorro de auga? por que se forman eses debuxos coa area? por que son simétricos? por que saltan o aceite a auga? por que as lapas fan eses patróns? por que se forman circunferencias concéntricas? por que saen raios cara ao protagonista? por que non lle fan dano?..

Na ciencia e na vida temos que facernos preguntas constantemente para aprender e avanzar. Cantas máis, mellor. E no camiño da busca de respostas está a aprendizaxe (aínda que non atopemos a resposta...) 

E CON MÚSICA MOITO MELLOR !!!!



09 septiembre 2024

Comezo curso 2024-2025


 Benvidos e benvidas !!! 

Comeza este novo curso. Seguro que vos tardaba por xuntarvos de novo cos vosos amigos e amigas. Como cada ano, despois do verán sempre aparece algunha novidade pola escola. Espero que as desfrutedes. O obxectivo é que todos e todas vaiamos descubrindo, a través das mates, marabillosos segredos escondidos na natureza e na nosa vida cotiá. Eu tamén estou desexoso de aprender moito con vós.

Neste blog irei colgando curiosidades de mates e notas de ampliación ou de reforzo das cousas traballadas en clase para quen queira complementalo na casa.

Como xa vos direi en clase, non hai que mercar ningún material específico para esta materia.


Ánimo e forza !!!