Actividades, retos, curiosidades, enlaces e recursos relacionados coas mates de primaria, especialmente do segundo e terceiro ciclo.
29 octubre 2024
Descomposición factorial
28 octubre 2024
Xogo dos produtos en raia
En clase temos xogado ao xogo dos "Produtos en raia". Un xogo onde, ademais de saber ben as táboas de multiplicar, precísase unha boa estratexia para conseguir vencer.
Déixovos aqui o taboleiro de xogo coas instrucións por se queredes practicar en casa e pasar un rato divertido. Facede clic na imaxe para descargalo.
Mates na cociña
Aquí vos deixo uns retos de álxebra na cociña, un lugar onde as mates adquiren un gran protagonismo.
Reto 2: Ecuacións na cociña 2 (video)
Reto 3: Ecuacións con básculas
RETOS: Cadrados máxicos
RETO 1: Constrúe un cadrado máxico cos números do 1 ao 9. Por se non recordas as regras do cadrado máxico, aquí as tes:
- Tes que usar todos os números sen repetir (neste caso do 1 ao 9) e poñer un número en cada oco.
- A suma de cada fila, a suma de cada columna e a suma de cada diagonal ten que dar o mesmo resultado (todas as sumas o mesmo).
RETO 3: Se superaches os anteriores retos, seguro que xa non ten misterio par tí. Serías capaz de facelo para os números do 24 ao 32? Chegados a este punto seguro que xa tes un método para facelo con calquera número que che pida (sempre que sexan nove seguidos, claro).
21 octubre 2024
Os primos dos emojis
Sistemas de numeración antigos
Pirámides secretas e mistos
Aquí vos deixo un par de retos, un de pirámides secretas con decimais e outro de xeometría con mistos. A cabeza non para!!!
Reto 1: Pirámides secretas con decimais 1
(destes facemos moitos en clase)
Reto 2: Xeometría e números con mistos
15 octubre 2024
Números Primos
No listado de abaixo tedes os primeiros números primos ata o 100. Na clase xa descubrimos cales eran facendo a "Criba de Eratóstenes" pero aquí aparecen todos xuntos a modo de resumo.
Xa, de paso, vos deixo un pouco de humor matemático.
clic na imaxe
14 octubre 2024
Números Primos: Redes
APP Nº4 Táboas de multiplicar con diploma
No enlace que vos deixo nesta entrada podedes practicar as táboas de multiplicar para coller máis velocidade. Ten varios modos de xogo. Podedes practicar ordenadas, desordenadas, unha por unha, todas xuntas e incluso con contrareloxo.
Ata podedes obter un Diploma que acredite que as sabedes !!!
Para memorizar unha das táboas e practicar con ela, hai que facer click no cadro verde. Para facer unha proba contrarreloxo, conseguir o diploma ou incluso facer o reto dos 100 segundos, hai que clicar nun dos cadros máis abaixo. Tamén da a opción de practicar con outros xogos máis abaixo.
Espero que vos sirva e que desfrutedes !!
Facede clic na imaxe para ir ao sitio web
Os números primos e a criba de Eratóstenes
11 octubre 2024
Matemática visual. Nature by Numbers
07 octubre 2024
APP Nº3 das táboas
Para os que seguides perfeccionando a memorización das táboas de multiplicar, preséntovos esta páxina onde se emula a Táboa Pitagórica que xa coñecedes en papel.
Facendo clic nas cuadrículas, calculamos o número total de cadradiños que hai ata a esquina superior esquerda (filas x columnas).
Se lle dades ao dado, fai unha multi ao azar.
Se lle dades á "frecha de segiuinte", engade unha fila máis.
A practicar !!!
Clic na imaxe para enlazar
Bingo das táboas
Boas.
Que tal vai a memorización das táboas de multiplicar?
Déixovos nesta entrada unha actividade de bingo para practicalas. Inclúe a construción dos cartóns, como os que fixemos en clase, e das bolas cos números. Fai clic na imaxe para descargar a actividade. Constrúe o bingo e...
Deixo nestes enlaces, a modo de exemplo, as fotos duns cartóns e fichas cos números que fixemos os meus fillos e eu hai uns anos na casa.
Neste video estamos xogando unha partida despois de construír o material. Pasámolo xenial !!
Neste enlace (Aulas Galegas) tedes as instrucións para construir un bombo artesanal caseiro de extracción de bolas.