Etiquetas

28 octubre 2024

RETOS: Cadrados máxicos

RETO 1: Constrúe un cadrado máxico cos números do 1 ao 9. Por se non recordas as regras do cadrado máxico, aquí as tes:

  1. Tes que usar todos os números sen repetir (neste caso do 1 ao 9) e poñer un número en cada oco.
  2. A suma de cada fila, a suma de cada columna e a suma de cada diagonal ten que dar o mesmo resultado (todas as sumas o mesmo).

SORTE E A PENSAR !!!



RETO 2: Se conseguiches facer o primeiro, inténtao agora cos números do 11 ao 19. Pensa que relación pode ter co anterior, axudaráche a resolver o problema.


RETO 3: Se superaches os anteriores retos, seguro que xa non ten misterio par tí. Serías capaz de facelo para os números do 24 ao 32? Chegados a este punto seguro que xa tes un método para facelo con calquera número que che pida (sempre que sexan nove seguidos, claro).


No hay comentarios:

Publicar un comentario