Aquí tedes o enlace ao vídeo sobre patróns xeométricos e numéricos que vimos en clase por se vos apetece volver a velo na casa, acompañados ou sos. Natureza, xeometría, arquitectura, química... pero sobre todo, imaxes espectaculares que rezuman matemáticas por todas partes. Espero que o desfrutedes tanto como eu.
E lembrade o que vos digo sempre, un bo matemático sempre anda en busca de patróns e facéndose preguntas.
O creador é Cristobal Vila, un aragonés que é un crack en produción de animacións. Merece moito a pena velo, tanto pola espectacularidade visual como pola profundidade matemática. Por certo, que a música tamén é marabillosa, para seguir escoitando un bo rato despois de ver o vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario