Etiquetas

25 noviembre 2024

Grande ou pequeno?

Depende... (que resposta máis galega).

O que para min é "moito", para outra persoa pode ser "pouco". Sucede o mesmo con "grande" ou "pequeno", depende...

A perspectiva sempre é un factor a ter en conta. Conceptos como grande ou pequeno, longo ou curto, alto ou baixo, son relativos e só teñen sentido cando comparamos un ou máis elementos. Por iso se inventaron as unidades de medida, para falar de valores absolutos, aínda que medir tamén é comparar. Cando medimos estamos comparando o valor dunha magnitude (peso, lonxitude, área...) co valor dun patrón que usamos como unidade.

Neste vídeo vese claramente a idea de que "grande " ou "pequeno" son conceptos relativos.
Fixádevos que as medidas están en metros (m) e tamén en pés (ft, do inglés feet).


E como sempre, con música, moito mellor !!







Retos de lóxica

Para os que vos gusta darlle ao coco na casa déixovos tres retos. Espero que non se vos quenten demasiado as neuronas





18 noviembre 2024

Pirámides secretas

Queredes practicar o cálculo mental con decimais xogando? Aquí tedes unhas pirámides secretas, en formato online e tamén para imprimir.

Imaxe: https://www.psicologia-online.com






11 noviembre 2024

Números cíclicos

Hoxe imos xogar con números. Buscar de patróns é a base das matemáticas teóricas e a clave de moitos descubrimentos. Neste vídeo fala o autor dos números cíclicos e as súas curiosidades. Seguro que quedades coa boca aberta. Eu non daba crédito cando o vin.






Adiviña de lóxica

Hai tres personaxes (Alex, Brook e Cody). Un deles é un cabaleiro, outro un servo e o outro un espía.

O cabaleiro sempre di a verdade, o servo sempre minte e o espía, as veces minte e as veces di a verdade.

  • Alex di: "Cody é un servo"
  • Brook di: "Alex é un cabaleiro"
  • Cody di: "Eu son o espía"


Quen e quen?


Se non dades coa resposta, neste enlace podedes consultala.



04 noviembre 2024

Coordenadas cartesianas Halloween

Nesta entrada deixo o enlace a varias fichas de coordenadas cartesianas similares ás que temos feito en clase, esta vez con motivo do Halloween por se queredes pasar un rato entretenido na casa.

Fonte: mateslibres.com


Alxebra cos emojis. Entrega 1

Para os que tedes tempo na casa e ganas de pensar un pouco, aquí tedes un reto de álxebra con emojis. Isto é o que lle chaman os maiores "sistema de ecuacións" pero, en lugar dos emojis, usan "x", "y" e "z" para  representar os valores que queren calcular.

Canto vale cada emoji ???