O divulgador matemático Marcus de Sautoy fai unha visita a uns Nautilus para despois explicar o segredo que se esconde detrás do crecemento do seu caparazón en forma de espiral. Falamos deste animal a cando vimos o vídeo de "Nature by Numbers" de Cristobal Vila.
Actividades, retos, curiosidades, enlaces e recursos relacionados coas mates de primaria, especialmente do segundo e terceiro ciclo.
16 diciembre 2024
Xogo de cálculo mental
Algún día estivemos xogando en clase con esta web para practicar o cálculo mental con divisións, multis e descomposición factorial.
Despois do éxito do xogo, deixo o enlace por se queredes practicar en casa.
https://www.educaplus.org/game/calculo-mental-division
Boa semana !!!
💓
13 diciembre 2024
Potencias
Por aclamación popular déixovos aquí a pegadiza canción de Troncho e Poncho sobre POTENCIAS.
09 diciembre 2024
O pentagrama esotérico e o número de ouro
No vídeo "Nature by numbers" de Cristobal Vila aparecía a proporción aurea e como esa relación está presente na natureza, por exemplo na forma de medrar as polas das árbores ou as sementes en moitas flores. Este vídeo fala un pouco máis sobre o tema, relacionando o número áureo co pentagrama (símbolo da escola pitagórica da Antiga Grecia). O vídeo é un pouco longo e con ritmo lento...
Quebracabezas binario
Como sei que varios de vós sodes moi fans do "quebracabezas binario" que fixemos en clase, deixo aquí un novo para que o resolvades se queredes.
Xa sabedes as regras:
- Hai que encher con ceros e uns todas as casillas
- Ten que haber tantos ceros como uns en todas as filas e en todas as columnas
- Non pode haber máis de 2 ceros consecutivos (en filas ou columnas) nin máis de 2 uns seguidos.
Tamén deixo unha APP para móbil ou tablet android con quebracabezas deste tipo. Chámase "Mr Binario". Éste é o seu aspecto no Play Store.
Ollo! os quebracabezas desta APP teñen unha particularidade: Non pode haber dúas filas ou dúas columnas idénticas. Así que cando esteades atascados, hai que arriscar un pouco e ver se poñendo "cero" ou "un" non queda ningunha fila ou columna igual a outra. É un pouco máis difícil, pero mola.
Coidado !! Engancha moito. É moi ADICTIVA !! 😜
LEMBRADE USAR AS PANTALLAS CON MODERACIÓN