Deixovos nesta entrada o enlace a un vídeo que me recomendou un neno de quinto. É impresionante as matemáticas que contén. É certo que son mates bastante avanzadas, pero o vídeo mola moito.
Actividades, retos, curiosidades, enlaces e recursos relacionados coas mates de primaria, especialmente do segundo e terceiro ciclo.
20 enero 2025
Animation Vs Math
Batalla de decimais
Nesta entrada temos un reto: Facer o maior número posible de parellas con sumas de números decimais. Pode facerse con ou sen cronómetro, pero a presión do tempo sempre lle da emoción ao tema... je je je.
Anímovos a probar, eu estou enganchado..
A desfrutar !!!
Recordatorio: Facede un uso responsable das pantallas, non é recomendable pasar moito tempo seguido diante delas.
13 enero 2025
Matemática visual. Infinite patterns
Aquí tedes o enlace ao vídeo sobre patróns xeométricos e numéricos que vimos en clase por se vos apetece volver a velo na casa, acompañados ou sos. Natureza, xeometría, arquitectura, química... pero sobre todo, imaxes espectaculares que rezuman matemáticas por todas partes. Espero que o desfrutedes tanto como eu.
E lembrade o que vos digo sempre, un bo matemático sempre anda en busca de patróns e facéndose preguntas.
Fusos horarios
No mapamundi que aparece neste enlace pode verse a hora en actual das principais cidades do mundo. Tamén pode observarse a sombra de noite e a zona iluminada polo sol en tempo real. Pasando o rato polas distintas cidades ou pinchando nelas aparecerá o nome e a hora actual.
Imaxe: https://24timezones.com/reloj_hora_exacta.php#/map08 enero 2025
Órbita Laika
Como xa sabedes, son un gran fan deste divuldador científico, Eduardo Saenz de Cabezón, e sobre todo do programa "Órbita Laika" que presenta el. Neste enlace tedes acceso a todas as tempadas do progama a través de "rtve play". Iso si, pide rexistrarse, pero é gratuito. Espero que o desfrutedes tanto como eu, hai programas moi interesants, como por exemplo o último da tempada 10, que trata sobre efectos especiais no cine.