Etiquetas

31 marzo 2025

Estimar ángulos

Estes días estivemos traballando con ángulos. Nesta entrada déixovos unha aplicación, creada por un mestre marabilloso chamado Antonio Sánchez, e que serve para facer estimacións de medidas de ángulos xogando e pasando un bo rato. Cun toque (ou clic) comeza a abrirse o ángulo e con outro toque para. Tes que intentar que se deteña na medida exacta. Tes unha marxe de erro de 10º. Hai dous intentos. Tamén podedes empregalo os de quinto.


A desfrutar !!!


12 notas musicais

Por que a música é música? Todos os sons nos agradan? O ruido é música? De onde saen as notas musicais? Nas matemáticas podemos atopar algunhas respostas sobre este tema...







RETO: O número do día

Déixovos aquí un par de exemplos da proposta que vos fixen en clase sobre o número do día. Como curiosidade asociada a cada número podedes buscar pola casa algún obxecto que mida o mesmo que o número do día (en cm, mm, m ou pulgadas). Tamén podedes buscar algo que pese o mesmo. Ademais, como xa sabedes facelo, podedes escribir o número en binario (no caso do número oito sería: 1000)

Os exemplos que vos deixo aquí foron feitos por unha nena de sexto dun curso anterior.

Ánimo, espero ver as vosas obras de arte !!







24 marzo 2025

Curiosidades do Número Pi. Arquímedes

O día 14 de marzo celébrase o Día internacional de Pi e das matemáticas, un dos números irracionais máis populares. O obxectivo deste día é darlle visibilidade ás matemáticas en xeral. A elección desta data concreta débese á forma de escribila en inglés 3.14, que é precisamente o valor de "pi" redondeado ás centésimas.
Neste vídeo tedes algunha curiosidade de tan ilustre número.



Curiosidades do Número Pi. Como se calcula

Neste vídeo contan tres formas de calcular o número Pi con diferentes precisións de decimais. Como sabedes, o número Pi está moi relacionado coa xeometría da circunferencia e do círculo.
O pasado día 14, celebrouse o Día Internacional de Pi e das Matemáticas. Por que será?



Este vídeo axúdanos a comprender mellor a o valor decimal dunha fracción. Animádevos a dobrar un papel como fai a protagonista e anotar os resultados.



19 marzo 2025

F-D-P Fracción Decimal Porcentaxe

Aproveitando que estamos traballando en clase os números decimais e a relación entre fracción, decimal e porcentaxe (tres formas diferentes de expresar unha mesma cantidade) deixo nesta entrada un vídeo moi visual sobre este tema feito polo mestre Marcos Marrero. Como xa sabedes por outras entradas, Marcos é un dos grandes divulgadores do movemento OAOA, un xeito de traballar as mates que vai moi en concordancia coa nosa escola, e de quen copio moitas ideas.

Desfrutádeo porque merece a pena, seguro que vos aclara moitas cousas.



Equinocio

A palabrota desta semana non pode ser outra que "equinocio". Xa sabedes que hai dous equinocios, o de primavera (en torno ao 21 de marzo) e o de outono (sobre o 21 de setembro). Para entender mellor o concepto, deixo nesta entrada un enlace a un interesante artigo de National Geographic onde o explican. Ademais está ilustrado cun vídeo moi chulo que axuda a entendelo moito mellor.

Espero que vos gruste.

Facede clic na imaxe para abrir o artigo


Imaxe: https://www.fundacionaquae.org/wiki/que-es-solsticio/


Neste outro vídeo tamén explican o fenómeno:



03 marzo 2025

La isla verde: Matemáticas, natureza, universo...

Neste video podedes desfrutar dun espectáculo de xeometría, natureza, astronomía, fractais e patróns. Beleza natural en todo o seu esplendor. Espero que con el aumente o voso interese pola observación do mundo natural e a loita polo seu coidado e respecto.
O vídeo está creado coa técnica "Time Lapse" que consiste en tomar moitas fotografías a intervalos de tempo nunha posición inmóbil e unilas despois para reproducilas como se fose un video a cámara rápida. Esta técnica axuda moito para buscar patróns e predecir fenómenos meteorolóxicos, comportamentos animais e humanos, catástrofes naturais e medioambientales... 
Este video, en concreto, está rodado na illa de La Palma, coñecida como a "illa verde", no arquipiélago das Canarias. Déixovos que investiguedes, se vos apetece, por que lle chaman así e todo o que se vos ocorra despois de ver o vídeo.


Para desfrutalo máis, recomendo usar cascos.