Etiquetas

26 mayo 2025

O mundo "ao revés"...

En sociais traballades as coordenadas xeográficas (paralelos e meridianos) e tamén falamos delas en clase de mates de cando en vez. Noemia tamén vos falou algunha vez de mapamundis e das proxeccións de Marcator e Gall-Peters.

Aquí vos deixo un enlace a un vídeo dunha serie de ficción chamada "Ala oeste da Casa Branca" que fala sobre este tema e que nos pode axudar a reflexionar e replantexarnos algunhas cousas...

"No puede hacer eso, me está volviendo loca..."


Espero que vos guste e vos faga pensar que todo é relativo...




Arte, animación, matemáticas en estado puro

Nesta entrada preséntovos un par de videos curtos dun artista de animación, Andreas Wannerstedt, nos que hai moita moita xeometría (rectas, curvas, polígonos, paralelas, perpendiculares, simetrías...), pero tamén moitas matemáticas de nivel, funcións, álxebra, frecuencia, cálculo...

Desfrutádeos e, se vos apetece, comentades que vedes de matemáticas nos vídeos (novas palabrotas?...).






05 mayo 2025

10 juegos matemáticos

Que tal uns retos para exercitar o cerebro?

Ollo! é con cronómetro e mostra a resposta a continuación. Podedes parar o vídeo se precisades máis tempo. O importante é pensar, non importa o tempo.


Videos de mates. Códigos secretos

Déixovos nesta entrada os enlaces a tres videos relacionados coas mates. Estes son estilo documental e están moi ben, aínda que son un pouco longos. Algún anaco deles xa o vimos en clase. O conductor dos documentais é Marcus du Sautoy, un matemático e divulgador científico británico. Espero que vos guste.