Outro quebracabezas binario

O "quebracabezas binario" é bastante popular entre vós, por iso vos deixo aquí unha nova versión un pouco máis colorida que a de "ceros" e "uns". É unha versión online.

Xa sabedes as regras:

  • Hai que colorear todos os cadros de laranza ou azul
  • Ten que haber tantos cadros laranxas como azuis en todas as filas e en todas as columnas
  • Non pode haber máis de 2 cadros consecutivos coa mesma cor
  • Non pode haber dúas filas iguais nin dúas columnas iguais



Coidado !!  Engancha moito. É moi ADICTIVA !! 😜


LEMBRADE USAR AS PANTALLAS CON MODERACIÓN