Etiquetas

27 noviembre 2023

12 notas musicais

Por que a música é música? Todos os sons nos agradan? O ruido é música? De onde saen as notas musicais? Nas matemáticas podemos atopar algunhas respostas sobre este tema...







24 noviembre 2023

A Megaproba final das Palabrotas !!!

Nesta entrada deixo un enlace a unha páxina onde hai infinidade de preguntas para poñer a proba o voso dominio das PALABROTAS e outras habilidades matemáticas. Toca todos os temas: aritmética, xeometría, álxebra, números...

Algunhas temáticas e preguntas son máis ben para a ESO, pero seguro que sodes quen de resolver a maioría. E se non é así, a repasar e intentalo de novo, seguro que aprendedes un montón.

Ánimo !!!


Clic na imaxe

Imaxe: https://www.freepik.es



Números cíclicos

Hoxe imos xogar con números. Buscar de patróns é a base das matemáticas teóricas e a clave de moitos descubrimentos. Neste vídeo fala o autor dos números cíclicos e as súas curiosidades. Seguro que quedades coa boca aberta. Eu non daba crédito cando o vin.






21 noviembre 2023

Xogo dos produtos en raia

Esta semana estivemos xogando ao xogo dos "Produtos en raia". Un xogo onde, ademais de saber ben as táboas de multiplicar, precísase unha boa estratexia para conseguir vencer.

Déixovos aqui o taboleiro de xogo coas instrucións por se queredes practicar en casa e pasar un rato divertido. Facede clic na imaxe para descargalo.





19 noviembre 2023

Mix de retos

Nesta entrada vos deixo un mix de retos para que lle deades ao coco e pasedes o rato. Son parecidos aos que fixestes no ciclo anterior de obradoiro. Están as solucións, pero a gracia é pensar ata conseguilo.

Facede clic na imaxe


Animation Vs Math

Deixovos nesta entrada o enlace a un vídeo que me recomendou un neno de sexto. É impresionante as matemáticas que contén. É certo que son mates bastante avanzadas, pero o vídeo mola moito.



Neste outro vídeo, un matemático explica o as mates que aparecen no anterior. Por certo, a canle de youtube "Mates Mike" é moi recomendable, aínda que moitas cousas igual son para un pouco maiores...