Etiquetas

26 septiembre 2023

Equinocio

Esta semana vimos en clase a palabrota "equinocio" xa que este fenómeno sucedeu o 23 de setembro. Xa sabedes que hai dous equinocios, o de primavera e o de outono. Para entender mellor o concepto, deixo nesta entrada un enlace a un interesante artigo de National Geographic onde o explican. Ademais está ilustrado cun vídeo moi chulo que axuda a entendelo moito mellor.
Espero que vos gruste.

Facede clic na imaxe para abrir o artigo


Imaxe: https://www.fundacionaquae.org/wiki/que-es-solsticio/




Neste outro vídeo tamén explican o fenómeno:





21 septiembre 2023

A historia do número 1

Aqui tedes o enlace ao vídeo en Youtube da "Historia do número 1" que estamos vendo en clase de 5º co que facemos un repaso pola historia das matemáticas e dos sistemas de numeración. Se queredes, podedes velo en familia e explicarlles na casa como foron acontecendo as cousas.






17 septiembre 2023

APP Táboas de multiplicar. Práctica e diploma

No enlace que vos deixo nesta entrada podedes practicar as táboas de multiplicar para coller máis velocidade. Ten varios modos de xogo. Podedes practicar ordenadas, desordenadas, unha por unha, todas xuntas e incluso con contrareloxo. Ata podedes obter un Diploma que acredite que as sabedes !!!

Para memorizar unha táboa e practicar con ela, hai que facer click no cadro verde. Para facer unha proba contrarreloxo, conseguir o diploma ou incluso facer o reto dos 100 segundos, hai que clicar nun dos cadros máis abaixo. Tamén da a opción de practicar con outros xogos máis abaixo.

Espero que vos sirva e que desfrutedes !!!


Facede clic na imaxe para ir ao sitio web




Cronómetro táboas

Boas, aquí vos deixo uns test para facer con cronómetro e practicar a memorización das táboas de multiplicar. Lembrade COMPROBAR coa calculadora unha vez rematado.

Canto máis practiquedes, máis rápidas e rápidos seredes.

Ánimo !!!

 

  


04 septiembre 2023

Grande ou pequeno?

Depende... (que resposta máis galega).

O que para min é moito, para outra persoa pode ser pouco. Sucede o mesmo con "grande" ou "pequeno", depende...

A perspectiva sempre é un factor a ter en conta. Conceptos como grande ou pequeno, longo ou curto, alto ou baixo, son relativos e só teñen sentido cando comparamos un ou máis elementos. Por iso se inventaron as unidades de medida, para falar de valores absolutos, aínda que medir tamén é comparar. Cando medimos estamos comparando o valor dunha magnitude (peso, lonxitude, área...) co valor dun patrón que usamos como unidade.

Neste vídeo vese claramente a idea de que "grande " ou "pequeno" son conceptos relativos.
Fixádevos que as medidas están en metros (m) e tamén en pés (ft, do inglés feet).


BENVIDOS E BENVIDAS AO APAIXOANTE MUNDO DAS MATES !!!!
 

Comezamos...

E como sempre, con música, moito mellor !!







01 septiembre 2023

Sistemas de numeración antigos

Para os que faltastes uns días a clase e vos coincidíu un día que falamos de números antigos, podedes ver neste documento a lectura que fixemos. Tamén podedes ver o capítulo correspondente do video "La historia del número uno". Neste enlace tedes o ficheiro coa lectura.

clic na imaxe