Etiquetas

29 enero 2024

El triángulo de Pascal

Xa sabedes que me encantan as curiosidades cos números. Sempre me fan pensar e darlle voltas ao coco.  Aínda que, ás veces, non teña unha aplicación práctica na vida cotiá, o feito de pensar e buscarlle unha lóxica, xa é recompensa suficiente para o noso cerebro.

Nesta entrada poderedes descubrir o "Triángulo de Pascal" e as súas sorprendentes propiedades. Nós estamos acostumados aos "Triángulos máxicos", cos que comparte a apariencia, pero cos que ten pouco máis que ver. No enlace de abaixo, a unha web que descubrín hoxe e que me encantou, coñeceredes os secretos deste triángulo. Gustoume tanto a web que vouna engadir á sección de enlaces de interese.


Triángulo de Pascal


Unha de fractais

Neste video podedes apreciar a "estrutura de Mandelbrot". Trátase dun fractal creado por este matemático francés que foi o primeiro en tratar o tema en profundidad e abríu un inmenso campo de estudo nas matemáticas. Ollo, non vos quededes durmidos mirando o vídeo, imnotiza.


Pode dicirse (segundo un dos seus fundadores) que os fractais foron a semente da Pixar, a xigantesca productora de cine de animación.



22 enero 2024

O rosco das palabrotas

Por se vos aburrides, e queredes darlle un pouco ao coco repasando vocabulario matemático. A ver se ese caderniño de PALABROTAS que estamos construíndo en clase serve de algo. Este xogo porá a proba a vosa memoria e coñecementos. Como sempre, é voluntario e só para desfrutar facéndoo.

Facede clic na imaxe


Imaxe: Educaplay



Espero que desfrutedes co reto !!!


La isla verde: Matemáticas, natureza, universo...

Neste video podedes desfrutar dun espectáculo de xeometría, natureza, astronomía, fractais e patróns. Beleza natural en todo o seu esplendor. Espero que con el aumente o voso interese pola observación do mundo natural e a loita polo seu coidado e respecto.
O vídeo está creado coa técnica "Time Lapse" que consiste en tomar moitas fotografías a intervalos de tempo nunha posición inmóbil e unilas despois despois para reproducilas como se fose un video a cámara rápida. Esta técnica axuda moito para buscar patróns e predecir fenómenos meteorolóxicos, comportamentos animais e humanos, catástrofes naturais e medioambientales... 
Este video, en concreto, está rodado na illa de La Palma, coñecida como a "illa verde", no arquipiélago das Canarias. Déixovos que investiguedes, se vos apetece, por que lle chaman así e todo o que se vos ocorra despois de ver o vídeo.


Para desfrutalo máis, recomendo usar cascos.




15 enero 2024

Pirámides secretas

Queredes practicar o cálculo mental con decimais xogando? Aquí tedes unhas pirámides secretas, en formato online e tamén para imprimir.

Imaxe: https://www.psicologia-online.com






Damos un paseo por Vigo


Neste vídeo podemos desfrutar da cidade desde arriba, como se fose unha maqueta a escala, dándolle un aspecto de mini-mundo de xoguete. Porque as mates sempre van da man da Arte.
O vídeo é do tema "El Tiempo Futuro" do grupo "Eladio y los Seres Queridos".

Vémonos nese "tempo futuro" máis cedo que tarde... Ánimo e forza !!!



Rétovos a que identifiquedes o maior número posible de ubicacións de Vigo que saen no vídeo.


08 enero 2024

Retos de lóxica

Para os que vos gusta darlle ao coco na casa déixovos tres retos. Espero que non se vos quenten demasiado as neuronas





Reto alxebraico

Benvidos e benvidas de novo á actividade intelectual matemática. Agora toca desoxidar e engrasar a maquinaria neuronal e poñer de novo o cerebro a funcionar.
Que mellor forma de facelo que rompendo os cornos cun reto alxebraico.
Ollo, non todo na vida son números enteiros... (de feito, case nunca o son).



Sorteeeeee !!!!!