Etiquetas

09 octubre 2023

Adicción á tecnoloxía

Déixovos nesta entrada un vídeo que supoño xa coñecedes pero que non me canso de mirar porque invita á reflexión sobre o mundo no que vivimos e cara a onde queremos ir.

Sen máis comentarios, aí vai.



06 octubre 2023

Xogo de cálculo mental

Hoxe estivemos xogando en clase con esta web para practicar o cálculo mental con divisións, multis e descomposición factorial.

Despois do éxito do xogo, deixo o enlace por se queredes practicar en casa.


https://www.educaplus.org/game/calculo-mental-division


Boa finde !!!

 💓 

 

 

03 octubre 2023

Bingo das táboas

Boas.

Que tal vai a memorización das táboas de multiplicar?

Déixovos nesta entrada unha actividade de bingo para practicalas. Inclúe a construción dos cartóns, como os que fixemos en clase, e das bolas cos números. Fai clic na imaxe para descargar a actividade. Constrúe o bingo e...

A desfrutar en familia !!!




Deixo nestes enlaces, a modo de exemplo, as fotos duns cartóns e fichas cos números que fixemos os meus fillos e eu hai uns anos na casa.


Foto 1          Foto 2          Foto3


Neste video estamos xogando unha partida despois de construír o material. Pasámolo xenial !!



Neste enlace (Aulas Galegas) tedes as instrucións para construir un bombo artesanal caseiro de extracción de bolas.



Batalla de decimais

Nesta entrada temos un reto: Facer o maior número posible de parellas con sumas de números decimais. Pode facerse con ou sen cronómetro, pero a presión do tempo sempre lle da emoción ao tema... je je je.

Anímovos a probar, eu estou enganchado..

A desfrutar !!!


Recordatorio: Facede un uso responsable das pantallas, non é recomendable pasar moito tempo seguido diante delas.


02 octubre 2023

Quebracabezas binario

Como sei que varios de vós sodes moi fans do "quebracabezas binario" que fixemos en clase, deixo aquí un novo para que o resolvades se queredes.

Xa sabedes as regras:

  • Hai que encher con ceros e uns todas as casillas
  • Ten que haber tantos ceros como uns en todas as filas e en todas as columnas
  • Non pode haber máis de 2 ceros consecutivos (en filas ou columnas) nin máis de 2 uns seguidos.


Tamén deixo unha APP para móbil ou tablet android con quebracabezas deste tipo. Chámase "Mr Binario". Éste é o seu aspecto no Play Store.

Ollo! os quebracabezas desta APP teñen unha particularidade: Non pode haber dúas filas ou dúas columnas idénticas. Así que cando esteades atascados, hai que arriscar un pouco e ver se poñendo "cero" ou "un" non queda ningunha fila ou columna igual a outra. É un pouco máis difícil, pero mola.

Coidado !!  Engancha moito. É moi ADICTIVA !! 😜


LEMBRADE USAR AS PANTALLAS CON MODERACIÓN