Etiquetas

26 febrero 2024

Os números primos e a criba de Eratóstenes

Eduardo Sáenz de Cabezón é un divulgador científico y matemático. Ten unha canle en youtube chamado "Derivando" onde sube unha infinidade de videos matemáticos. Tamén é coñecido por ser o presentador das últimas edicións do programa divulgativo de televisión chamado "Órbita Laika" (rtve Play) que recomendo ver sen ningunha dúbida. Neste vídeo fálanos dos números primos e da criba de Eratóstenes dun xeito "moi doce". A criba de Eratóstenes é un método para atopar números primos.



Números Primos: Redes

Hai uns anos emitíase en tv un programa de divulgación científica chamado "REDES" e presentado polo falecido Eduard Punset. Un destes programas foi adicado ás matemáticas e aos números primos.





24 febrero 2024

Xogo dos edificios

Despois do éxito do XOGO DOS EDIFICIOS que traballamos na aula, deixo aquí unha copia das plantillas por se queredes practicar en casa. Algunhas das plantillas foron deseñadas por vós en clase. Lembrade que as torres poden facerse con LEGO, policubos, madeira e calquera material apilable.

Espero que o desfrutedes en familia !!




Imaxe: https://www.freepik.es/fotos-vectores-gratis/edificios-ciudad

05 febrero 2024

Papiroflexia e Origami

Como xa sabedes, a papiroflexia é a arte de transformar o papel en beleza. Case unha ciencia, diría eu. Dende logo, o que é indiscutible, é a súa relación íntima coas matemáticas, en concreto coa xeometría: áreas, formas, ángulos, volúmes, proporcións...


Unha nena que fixo 6º hai uns anos era moi afeccionada á papiroflexia e á xeometría por aquela época. Construíu este "cubo infinito" que cambia de cubo a prisma só cun par de xiros. Véndese nas tendas como xoguete "antiestrés", pero mola infinitamente máis así.




Animádevos a practicar a papiroflexia. Apréndese un montón e é moi, pero que moi divertido !!!

Para quen se anime a practicala, deixo aquí este enlace a Aulas Galegas onde teñen varias entradas adicadas á mesma.

E se queredes construir o cubo infinito, neste vídeo explica como facelo coa técnica Origami 100% (sen cortar nin pegar). E para os que non tedes tanta paciencia, neste outro vídeo explica como facelo pegando e usando celo.

Nunca deixedes de preguntarvos cousas, de investigar e de aprender.