Etiquetas

05 febrero 2024

Papiroflexia e Origami

Como xa sabedes, a papiroflexia é a arte de transformar o papel en beleza. Case unha ciencia, diría eu. Dende logo, o que é indiscutible, é a súa relación íntima coas matemáticas, en concreto coa xeometría: áreas, formas, ángulos, volúmes, proporcións...


Unha nena que fixo 6º hai uns anos era moi afeccionada á papiroflexia e á xeometría por aquela época. Construíu este "cubo infinito" que cambia de cubo a prisma só cun par de xiros. Véndese nas tendas como xoguete "antiestrés", pero mola infinitamente máis así.




Animádevos a practicar a papiroflexia. Apréndese un montón e é moi, pero que moi divertido !!!

Para quen se anime a practicala, deixo aquí este enlace a Aulas Galegas onde teñen varias entradas adicadas á mesma.

E se queredes construir o cubo infinito, neste vídeo explica como facelo coa técnica Origami 100% (sen cortar nin pegar). E para os que non tedes tanta paciencia, neste outro vídeo explica como facelo pegando e usando celo.

Nunca deixedes de preguntarvos cousas, de investigar e de aprender.


No hay comentarios:

Publicar un comentario