Etiquetas

14 mayo 2024

APP para practicar as táboas

Esta APP para practicar as táboas de multiplicar é moi cómoda e dinámica.


Clic na imaxe



O mundo "ao revés"...

En sociais traballades as coordenadas xeográficas (paralelos e meridianos) e tamén falamos delas en clase de mates de cando en vez. Noemia tamén vos falou algunha vez de mapamundis e das proxeccións de Marcator e Gall-Peters.

Aquí vos deixo un enlace a un vídeo dunha serie de ficción chamada "Ala oeste da Casa Branca" que fala sobre este tema e que nos pode axudar a reflexionar e replantexarnos algunhas cousas...

"No puede hacer eso, me está volviendo loca..."


Espero que vos guste e vos faga pensar que todo é relativo...




13 mayo 2024

RETOS: Ángulos I

Nesta entrada propóñovos un par de RETOS  nos que tedes que averiguar o valor duns ángulos.

Para poder resolver os enigmas tedes que ter claros conceptos da trigonometría como: ángulos complementarios, suplementarios, opostos polo vértice, ángulos adxacentes, suma dos ángulos internos dun tríángulo... Pero ollo, a intuición tamén fai moito !!

Ánimo e a por eles !!!

Reto 1




Reto 2


Estes días estamos traballando en clase de medidas e múltiplos e submúltiplos (km, m, cm, mm, micras...). Nesta vídeo-montaxe tedes unha viaxe ata moi moi lonxe para despois voltar ata moi moi cerca...



E neste outro poden verse comparadas magnitudes desde o máis pequeno, invisible aos nosos ollos, ata o máis grande imaxinable. Falando en metros, a milésima quédase enorme nuns casos e o millón quédase enano noutros...


DESFRUTADE DOS VÍDEOS !!



04 mayo 2024

Masa ou peso? Menudo lío !!!

Neste vídeo matizan a diferenza entre masa e peso, aínda que na vida cotiá confundimos os dous termos con frecuencia. Pero tampouco imos perder o sono por iso, non? (de momento...)



O kilogramo xa non é o que era !!!

Seguindo co tema das unidades de medida, aquí vos deixo unha curiosidade sobre a historia reciente do kilogramo.

Como dixemos en clase, as unidades de medida son patróns cos que comparamos o que medimos para poder dicir "cantas veces caben dentro" diso que queremos medir. Lóxicamente, estes patróns non poden cambiar co tempo. Recordades a unidade de medida de lonxitude exipcia chamada "codo"? Non era un codo diferente en función da persoa, fixeron patróns de madeira que repartiron por todo o reino.

Espero que desfrutedes desta curiosidade do kilogramo. Tampouco pasou hai tanto tempo. Se non entendedes a parte final, non vos preocupedes, en 3º ou 4º da ESO volveran a falarvos diso.




Por que unha pluma e un martelo caen a un tempo?

Aquí vos deixo outro vídeo relacionado coa froza gravitatoría bastante interesante. Ademáis, ofrécenos unha forma caseira de intuir (que non demostrar) o experimento da bola e as plumas do vídeo anterior.



Caída libre no vacío

Estes días estamos traballando as magnitudes e as unidades de medida, tanto do Sistema Internacional como as do sistema Anglosaxón (USA). Neste ALUCINANTE vídeo sobre gravidade e vacío, relacionan por un momento volume, capacidade e peso cando falan do aire que hai na cámara onde fan o experimento. Fixádevos que falan de "pés cúbicos".
Se tedes un pouco de curiosidade científica vaivos encantar.